mércores, 28 de outubro de 2015

FORMACIÓN DE USUARIOS E USUARIAS

Rematada a formación de usuarios e usuarias para 1º de ESO, deixamos estas fotos do seu paso pola Biblioteca.
Agradecemos ao profesorado acompañante a súa boa disposición para colaborar con nós e cedernos unha hora da súa materia.


                                                                                                                                                                                                                







venres, 23 de outubro de 2015

NOVO CURSO, NOVO BLOG

Comezamos este novo curso inaugurando un blog, que esperamos sexa do voso agrado. Desde aquí, informarémosvos de todo o que vai acontecer na biblioteca, das novidades de lectura, dvds e revistas, das actividades e certames,...
Pero tamén queremos a vosa participación. Participación do alumnado, profesorado, persoal non docente, familias. Entre todos e todas podemos facer deste blog un foro aberto a suxestións, recomendacións, opinións e, como non, abriremos un espazo para as vosas creacións.
Comezamos, polo tanto, esta andaina coa Formación de usuarios e usuarias da biblioteca escolar para 1º ESO e Ciclo, e coa campaña de outubro Agardámoste cos libros abertos, que estes días inundará o noso centro.
Anímate a colaborar con nós!


ESTE BLOG É O TEU BLOG!


Guadalupe Vilar, Dinamizadora da Biblioteca