xoves, 1 de decembro de 2016

III CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS

A Biblioteca vén de gañar o III Concurso de Traballos por Proxectos convocado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, na modalidade Proxectos Documentais Integrados coordinados desde a Biblioteca escolar. A resolución da convocatoria aparece hoxe publicada no DOG. 
Como coordinadora quero agradecer a todo o Equipo da biblioteca a súa adicación e o grande traballo que realizou e que está a realizar. Pero non podo esquecer ao profesorado nin ao alumnado; grazas a súa colaboración e a súa implicación no noso proxecto, puidemos acadar este premio.

Aquí vos deixou o proxecto premiado, As Bibliolimpiadas.
Guadalupe Vilar, coordinadora da biblioteca



https://drive.google.com/drive/folders/0B72EEzU63Ik4X2tyWU1OMTFGejA

Ningún comentario:

Publicar un comentario